domingo, 29 de marzo de 2009

Attendite, alumni quarti cursus secundariae!

Aquí tedes a presentación que comentamos nas clases sobre feitos curiosos e anecdóticos da Historia de Roma. Lembrade que tamén corresponde a este trimestre outra máis: a que contén a recopilación dos vosos traballos sobre etimoloxía (iso si, correxida), e que tedes neste mesmo blog.

domingo, 15 de marzo de 2009

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

E esta é a presentación que resume os topónimos sobre os que vos examinaredes proximamente. Bonum studium bonamque fortunam omnibus!

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

Tendo en conta que o exame de contidos teóricos está preto, aquí tedes as expresións latinas que traballamos nas clases e entran para este trimestre:

jueves, 12 de marzo de 2009

Iter In Lucum Augusti!


Como estaba previsto, o pasado luns día 9 acudimos a Lugo á inauguración do Festival de Teatro Grecolatino, onde se fixo entrega dos premios do concurso "Odisea 2009", organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos. Como sabedes, o grupo "Sequere Me", integrado por Ana Del Río, Marta Martínez e Javier Rey, alcanzou o 3º premio neste certame.
A obra que inaugurou o Festival foi a traxedia As Bacantes, de Eurípides, representada polo grupo "Hypnos". As condicións de son non eran as mellores, e a interpretación de varios dos actores foi mellorable, mais o mellor da montaxe era a escenografía, sobre todo no relacionado co coro.
Velaquí tedes as fotografías que tiramos:


Nada nos queda senón congratularnos do éxito alcanzado nesta nova edición do Concurso (fomos premiados en tres das catro que van ata agora), e desexar que continuemos nesta liña.

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus!

E aquí está o resume da evolución da sociedade ó longo do tempo de vixencia do Imperio Romano:

miércoles, 11 de marzo de 2009

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus!

Aquí tedes a presentación que resume o exposto na clase sobre as formas de goberno que tiveron Roma e o seu Imperio ó longo da súa historia:

martes, 3 de marzo de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (IV)

Rematou o mes de febreiro e unha soa persoa contestou (iso si, correctamente) ás preguntas do noso concurso mensual sobre aspectos relacionados coa historia e a cultura de Roma. Polo tanto, Óscar Romero suma de novo 0,33 puntos á súa nota final do trimestre. Por se alguén quere servirse deste xeito tan pouco difícil e tan ameno de mellorar a súa calificación, aí van as preguntas para este mes de marzo (lembrade: as respostas, a través do correo electrónico murosenlatin@hotmail.es)









1. O primeiro día deste mes nacía na vila de Bilbilis un poeta romano que cultivou por extenso o xénero do epigrama, que era unha composición breve e directa sobre os máis variados temas, normalmente con intención satírica. Debedes averiguar o nome completo deste autor, xunto coas datas de nacemento e morte.









2. E, como sempre na vida, uns chegan e outros marchan. Neste caso, o 7 de marzo do ano 161 d. C. morría Tito Fulvio Boionio Arrio Aurelio Antonio, Emperador romano moito máis coñecido por outro nome, por sorte para todos máis breve. ¿Cal era?









3. Finalmente, o 15 de marzo os romanos celebraban todos os anos, nun campo ás beiras do Tíber, unha festa multitudinaria na que a xente se dedicaba, sobre todo, a beber (e non auga precisamente): en concreto, pedían ós deuses tantos anos de vida como vasos de viña fosen quen de beber. Pedíanllelos ós deuses en xeral, si, pero... ¿a qué deusa en particular?






SIT VOBIS LABOR LEVIS!