sábado, 25 de septiembre de 2010

POST AESTATEM, IN SCHOLAM REGREDIMVR

Efectivamente, despois do verán, voltamos ó traballo (xa sabiamos que ía ser así, por outra banda).

En primeiro lugar, gustaríame dar a benvida ós novos alumnos de Latín, tanto en 4º da ESO como en 1º de Bacharelato. Espero que o pasemos o mellor posible durante o curso, aprendendo algunhas cousas sobre a lingua e a cultura de Roma. Iso si: xa sabemos que algo teremos que traballar. O noso obxectivo é, como dicían os bos mestres romanos, PRODESSE ET DELECTARE (algo así como "aprender disfrutando" ou "disfrutar da aprendizaxe").

Por suposto, os mesmos desexos van para os que siguen sendo alumnos meus, tanto os que repiten curso (por sorte, os menos, e ós que lles desexo moita sorte) como os que conseguiron promocionar.

En todo caso, douvos as gracias a todos por elexir esta materia dentro da oferta de optativas do sistema. GRATIAS MAXIMAS VOBIS AGO!

Para comezar o curso sen perder de vista o obxecto da nosa asignatura, aquí vos deixo un enlace cunha reconstrucción virtual de parte da Roma antiga, tal e como debeu ser no ano 320 a.C., aproximadamente. Está elaborado polos responsables da iniciativa Rome Reborn.

Paseo virtual pola Roma do s. IV d. C.