Comeza un novo ano, pero continúa o curso que principiamos aló polo mes de setembro. Do mesmo xeito, continúa a ocasión mensual de aumentar ata nun punto a nota final do trimestre, contestando a unha serie de tres preguntas. Velaquí as do mes de xaneiro:
O 1 de xaneiro de hai 2.117
anos, un xeneral celebraba polas rúas de Roma o seu triunfo nunha guerra noutro
continente; no desfile ía tamén o rei do pobo conquistado. Este militar, de
gran prestixio entre os romanos, fixera algúns anos antes algunhas reformas no
exército que o fixeron máis profesional. De
que xeneral falamos e como se chamaba o rei vencido?
Dous anos antes da celebración
militar mencionada na quaestio
anterior, nacía o que máis tarde sería considerado máis grande orador romano,
que ademais, ós seus 43 anos e exercendo como cónsul, descubríu e desartellou
un golpe de Estado. Quen era este orador
e político, e como se chamaba o xefe do golpe?
Cada 9 de xaneiro un sacerdote
(entre os moitos que había en Roma) sacrificaba certo animal na honra de certo
deus, representado sempre cunha cabeza un tanto especial. O acto producíase nun
edificio concreto do Foro Romano, xusto a carón da chamada Via Sacra. Que animal se
sacrificaba, cal era o deus así venerado e cal era o título do sacerdote?